Introducción. Definicións
Co nome de Equipamentos para a Educación Ambiental (EqEA) estamos a referirnos a iniciativas heteroxéneas de educación non formal, que contan cunhas instalacións (fixas ou móbiles) axeitadas para realizar un proxecto educativo, que ten como fins e obxectivos os propios da Educación Ambiental (EA). Os programas desenvólveos un equipo educativo relativamente estable e profesionalizado, que dispón de recursos e materiais, creados ou adaptados polo equipo para a execución e a avaliación das actividades. Estas iniciativas son xestionadas coherentemente cos principios de sustentabilidade, así como revisadas ou avaliadas por axentes internos ou externos, e convintemente actualizadas. Os programas e os recursos están debidamente pensados e adaptados ás persoas usuarias (Araceli Serantes, 2006, páx. 196). (Cadro nº 1).
|
Cadro 1: Definición de equipamentos para a educación ambiental |
Mais como sinalamos na definición, trátase dun complexo e heteroxéneo conxunto de iniciativas, tanto pólo ámbito de traballo (espazos naturais, mundo rural, cidades...), como pólos contidos (conservación de espazos, divulgación de valores, problemática ambiental, posta en valor do patrimonio tanxible e intanxible, desenvolvemento local...), a duración das propostas (desde unhas poucas horas ata 15 día), o perfil das personas usuarias (escolares, profesorado, alumnado universitário, profesionais e técnicos, dirixentes e políticos...), a formación do equipo pedagóxico (desde personas con licenciatura ou doutorados ata personas cunha formación académica reglada mínima, máis cunha formación non formal especializada).
Son as aulas da natureza, as granxas escola, os centros de interpretación, as aulas verdes, os pobos escola, as aulas dos zoolóxicos e xardíns botánicos, os centros de información aos visitantes, os ecomuseos... e un sen fin de denominacións mais, que aglutinan esta diversa oferta de recursos para a EA.
Presentes en numerosos países, tanto de Europa como de América Latina e Norteamérica (National Audubon Society, 1971; Fabio Deboni e Marcos Sorrentino, 2003; Michela Mayer, 2005), probablemente será na España onde atopamos maior numero de experiencias –tendo en conta o tamaño do território e da poboación– distribuidos de forma desigual ao longo do territorio.
O valor educativo destes centros é moi importante por varias razóns:
Ao tratarse de experiencias “extra-escolares”, abertas a todo tipo de público, permiten acceder a sectores da poboación que difícilmente acudirían a formarse a outros lugares: normalmente acuden atraídos póla beleza dos recursos ou a importancia do patrimonio onde están situados estos centros.
-
Desde o punto de vista metodolóxico, trátase de propostas flexibles e participativas, onde se poñen en xogo diferentes estratexias didácticas, as veces innovadoras, que difícilmente estanse a usar en espazos mais normativizados.
-
Por último, coincidindo coas aportacións de José Gutiérrez e outros (1999, páx. 49), indicar que nestes contextos as vivencias emocionais e afectivas acentúanse, logrando na maioria dos casos un ambiente óptimo para a aprendizaxe de conceptos científicos e análise de problemas ambientais; nun momento no que muita poboación do Planeta está a vivir experiencias “ virtuais” ou a traves de interaccións simbólicas, os equipamentos ofrecen vivencias directas, reais e persoais (Ibid., páx. 50).
Caracterización dos equipamentos galegos para a educación ambiental
Baseándonos no traballo de rexistro dos EqEA e outras instalacións para a divulgación do patrimonio (Araceli Serantes, 2005), e actualizando os datos destos dous últimos anos, imos presentar unha caracterización da realidade, para o que faremos referencia a 137 instalacións que consideramos ou ben EqEA (35 centros) ou ben outras instalacións para a divulgación do Patrimonio (86) ou instalacións que neste momento atopanse pechadas (16), mais que fácilmente poderían ser consideradas como EqEA (na actualidade estas instalacións non teñen como actividade principal a EA ou ben non contan con algún dos requisitos que definen os EqEA, como pode ser contar cun equipo educativo, o proxecto educativo, etc.).
Os equipamentos e as outras instalacións para a divulgación do patrimonio están desigualmente localizadas ao longo do território galego (Taboa 1). A Coruña é a província que conta con máis oferta; tendo en conta que é a província galega máis poboada (1.126.707 habitantes(1)), máis este non parece ser un critério xá que Ourense sería a menos habitada (339.555 habitantes) e conta con maior numero de instalacións que Lugo e Pontevedra; ainda que si consideramos o numero de EqEA, son as províncias máis poboadas –A Coruña e Pontevedra– as que teñen a maior porcentaxe, o 72% dos centros.
|
Equipamentos para a educación ambiental |
Total de instalacións para divulgación |
Provincia |
ACoruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
ACoruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Número |
14 |
5 |
5 |
11 |
52 |
24 |
37 |
24 |
Taboa 1. Localización por províncias dos equipamentos para a educación ambiental e doutras instalacións para a divulgación do patrimonio na Galiza.
No Mapa nº 1 pódese observar a distribuzón por municipios, onde podemos comprobar unha grande concentración deles arredor das áreas metropolitanas das cidades máis poboadas (Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo, Pontevedra ou Vilagarcía), sendo unha excepción a cidade e o contono de Santiago de Compostela, a capital de Galiza. Máis, sorprende o importante numero de iniciativas localizadas en áreas muito despoboadas como son as Serras da Serpe, Caerón, Faladoira, San Mamede, O Caurel ou Os Ancares, e fundamentalmente, as zonas fronteirizas con Portugal; unha razón que xustifica este feito é que se trata de Concellos preferentes das axudas eeconómicas que a Comunidade Europea ten dispostas para o desenvolvemento rural. De feito, 2/3 das iniciativas atopanse en áreas escasamente poboadas e cun desenvolvemento económico por debaixo da media europea.
|
Mapa 1. Localización dos equipamentos para a educación ambiental e outras instalacións de divulgación do patrimonio por municipios. (Elaboración propia) |
Considérase un acerto que os EqEA estean en sítios accesibles o non moi alonxados dos núcleos máis poboados, o que favorece a participación do público nas suas ofertas educativas. Máis non sempre os lugares máis próximos son realmente accesibles, ben porque están mal sinalizados nas estradas, ben porque carecen de estacionamento para vehículos grandes ou as estradas non están habilitadas para a súa circulación, ben porque teñen muitas barreiras arquitectónicas que dificultan o uso por parte dalgún sector da poboación (nais e pais con rapaces pequenos, persoas con dificultades de mobilidade, grupos numerosos, etc.)
As temáticas que se abordan son moi diferentes: os contidos máis frecuentes xiran arredor dos ecosistemas da zona ou os espazos naturais protexidos; son frecuentes os centros que abordan os valores tradicionais do médio rural e a posta en valor da etnografia local; outros dos temas frecuentes son o mundo do mar e a pesca, as enerxías, temas forestais, coñecemento de animais en cautividade, arqueoloxía ou problemas ambientais. Na Galiza só existe un centro adicado ao médio urbán.
Unha características dos equipamentos galegos é que na maior parte deles non coincide a figura do propietario coa do xestor, o que en muitos casos incide negativamente na marcha dos programas ou da propia continuidade dos proxectos educativos. Atendendo á Tabaoa 2, obsérvase que na Galiza os EqEA son fundamentalmente de carácter público (os propietarios son ou a Xunta de Galicia ou ben os Concellos), o que contrasta coa xestión dos mesmos: menos de 1/3 dos EqEA de propiedade pública son xestionados por entidades públicas: na meirande parte deles a xestión está en mans de cooperativas de traballo asociado, empresas con fins de lucro ou, en menor medida, asociacións. Como diferencia significativa frente a outras realidades do Estado español, existe unha alta porcentaxe de centros xestionados por asociacións.
|
Equipamentos para a educación ambiental |
Total de instalacións para divulgación |
Propietario |
Privado |
Xunta |
Concello |
Asociación |
Consorcio |
Privado |
Xunta |
Concello |
Asociación |
Consorcio |
Número |
13 |
12 |
9 |
- |
1 |
26 |
39 |
68 |
2 |
1 |
Xestor |
Privado |
Xunta |
Concello |
Asociación |
Consorcio |
Privado |
Xunta |
Concello |
Asociación |
Consorcio |
Número |
23 |
4 |
2 |
4 |
2 |
48 |
14 |
38 |
13 |
24 |
Taboa 2. Propietarios e xestores dos equipamentos para a educación ambiental e doutras instalacións para a divulgación do patrimonio na Galiza.
Para rematar, sinalar a carencia dun Plan Estratéxico galego respecto aos EqEA, o que permitiria dinamizar este importante recurso –na actualidade infrautilizado- para a divulgación e acción en temas que son de primeira orden política e social, como a protección de espazos naturais e de patrimonio construído, divulgación dos valores da Rede Natura 2000, a colaboración na loita contra o lume, etc.
Avaliar para coñecer. Avaliar para regular
A avaliación xurde no propio colectivo como unha forma de identificación (non se sabía cantos equipamentos existian e os profesionais do sector non se coñecían entre eles) e de denuncia ante as practicas que se consideran oportunistas ou, directamente, intrusismo profesional.
Quizás pólas corrientes neoliberais que estaban a impregnar o mundo educativo –importando as teorias da calidade total que se estaban a aplicar no mundo da empresa– quizás por que eran as estratexias máis desenvoltas ou máis coñecidas, iniciaronse experiencias para definir procesos e critérios de calidade, que van ter diferentes nomes nas distintas comunidades: Cartas de calidade, indicadores de calidade, critérios de calidade...
Nalguns casos, e de forma individual, os xestores dos EqEA optaron por implementar normas ISO, ben relacionadas coa calidade total (9.000), ben as relacionadas co medio ambiente (14.000). En todos os casos coincídese en que a experiencia foi positiva desde o punto de vista de organización empresarial, e moi pobre desde o punto de vista da calidade educativa; a valoración maioritaria é que o esforzo que requiriu o proceso non compensa cós resultados na practica.
O concepto de calidade atribuído neste ámbito, como xá indicamos, é herdeiro do mundo empresarial, concretamente do concepto de “calidade total”, no que se controlará a calidade do “poducto”, dos “servizos” e da “satisfacción do cliente”. No ámbito educativo non se pretende unha producción de bens materiais, nin a rendabilidade económica –senon a social–, nin a satisfacción do cliente –porque temos personas usuárias ou beneficiarias, non clientes–, nin se pode pensar nos equipos profesionais como “recursos humanos” aos que hai que aplicar “políticas de motivación”, e, por último, estos modelos están pensados para aplicar no sector privado e non no público, pólo que parece pouco convinte aplicar estas fórmulas tal y como foron deseñadas. Autores como Francisco López Ruipérez (1994, páx. 14) poñen énfase na obxectividade destes procesos xa que “teñen ao seu favor a proba de validez empírica concedida póla súa utilización reiterada ao longo de máis de duas décadas, en empresas de êxito”. O que, se ben é certo, non parece un argumento idóneo para aplicar noutros ámbitos non empresarias, como pode ser o caso que nos ocupa.
Apropiándonos dos conceptos aplicados por Michel Foucault noutro contexto, diremos que o concepto de calidade nos EqEA non é un “concepto científico” senón un “indicador epistemolóxico”, que xurde da necesidade de clasificar, delimitar, ordenar e deinir o ámbito dos EqEA (Noam Chomsky e Michel Foucault, 2006, páx.14).
Entendemos os procesos de calidade para os EqEA como un proceso de reflexión e acción endóxeno, lonxe dun proceso de control externo que tanto temia nos inícios Oscar Cid (2002). Os obxectivos que se persiguen son fortalecer o sector, crear unha imaxe social recoñecida, frear o intrusismo e as malas prácticas, informar ás personas usuárias, potenciar a avaliación, facer unha promoción conxunta e regular as axudas por parte das administracións. Claramente, estamos ante un proceso, cando menos, reformista, quizás “antisistema” xá que entra en confilcto coa actual cultura de mercado, e para que poda sair adiante sería preciso aunar muitas voces, tal e como nos recorda Henry Giroux (2003).
O máis salientable, e quizás tamén lamentable, é a ausancia de compromiso por parte das administracións con competências na materia, que as veces participan ou posibilitan nos procesos, pero que nunca asumen responsabilidades, ni convirten os acordos en criterios vinculantes, quedando en meras recomendacións. Pese a que estes procesos iniciáronse no ano 1996 en Castela e Leon, comunidade pioneira no Estado, e no 1999 na Galiza, casi dez anos máis tarde, ningunha Comunidade Autónoma ten aprobado un orzamento ou liña de axudas para levar adiante este proceso de avaliación.
O proceso de creación da Rede galega de equipamentos para a educación ambiental
Na Galiza será no ano 2000 cando se inicia este proceso. Pártese dun documento técnico inicial (Araceli Serantes, 1999) que será discutido en dúas sesións de traballo con formato de seminario (contribucións iniciais por parte de persoas expertas en EqEA e traballo en grupos sobre o documento inicial, con contribucións e acordos no plenario); nesta etapa participaron diferentes representantes do sector: persoal dos equipos educativos, xestores e promotores de EqEA, responsables das administracións, representantes da educación formal, dos sindicatos, do movemento asociativo e persoas expertas.
Posteriormente, estableceuse un período de consulta a través do correo electrónico, no que se recibiron achegas persoais e colexiadas, moitas das cales foron consideradas e introducidas como melloras do documento.
A continuación preséntase o documento definitivo que será aprobado por unanimidade nunha asemblea no CEIDA.
Finalmente será publicado o 21 de marzo do 2001 con rango de Orde no Diario Oficial de Galicia (DOG, 2001), con algunha variación que será atribuída ao departamento xurídico da Xunta de Galicia.
Desde entón, esta regulación non foi aplicada. A razón fundamental foi a falta de compromiso por parte da entón Consellaría de Medio Ambiente. Nunca se definiu quen tiña que o aplicar, cando e como; non se estableceron instrumentos, protocolos ou financiamento para poder desenvolvela; finalmente, non houbo un compromiso por parte da Administración que facilitara a implantación: descoñecíase o alcance e as vantaxes de iniciar este proceso, ao tempo que se descoñecían as consecuencias de non facelo.
O cambio político acontecido tras as elección autonómicas de 2005 permite retomar o proceso a través da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. O primeiro acordo foi crear un grupo de traballo reducido, para revisar a vixencia dos criterios e establecer indicadores que permitiran medilos, documento que posteriormete sería debatido e aprobado; este foi coordinado por Antón Lois e Araceli Serantes, e no que participaron de forma contínua Analía Moares e Manuel Díaz, recibindo colaboracións puntuais doutros profesionais do sector, asociados na Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA). As reunións comenzaron en febreiro do 2006 coa colaboración do CEIDA; o traballo desenvolveuse en 4 sesións presenciais, en que se contou tamén con expertos doutras comunidades (Agustín Pons e María Martí), e o intercambio a través do correo electrónico. Neste proceso definiuse tamén un protocolo de implantación e recoméndase unha serie de compromisos que o fagan viable.
A calidade enténdese nesta proposta como un proceso continuo e consta de varios momentos (Araceli Serantes, 2006):
1. un proceso de diagnóstico triangulado ou levado a cabo por tres actores: un traballo interno de autoavaliación, como proceso de formación e de retroalimentación, que concluirá nun plano de mellora; unha avaliación externa levada a cabo por membros doutros EqEA e que se plasmará nunhas recomendacións de tarefas urxentes que se deben tratar, e por último, a Administración, neste caso a Consellaría, que chega a acordos individuais con cada EqEA tendo en conta o seu plano de acción e as recomendacións do axente externo.
2. cada EqEA parte dunha situación diferente, polo que a calidade se concibe como un reto, unha meta, en que terán o apoio da Administración e do colectivo. Os centros que cumpran os criterios recibirán un “selo de calidade” e os que aínda non os reúnan mais se comprometan a participar neste proceso reciben un “selo de en proceso de calidade”. Nos dous casos adquiren unha serie de compromisos e beneficiaranse ao tempo de vantaxes.
3. espérase que a Administración contribúa ao fortalecemento do sector asumindo unha serie de compromisos:
− crear a Rede Galega de EqEA cos centros que participan no proceso
− deseñar e divulgar unha imaxe de calidade dos EqEA para que poidan ser recoñecidos polos potenciais usuarios e usuarias
− facer unha divulgación conxunta destes centros a través da edición de materiais e dunha páxina web no portal da Consellaría
− divulgar dun xeito profuso as experiencias nos centros educativos
− apoiar economicamente para poder acometer as melloras acordadas en cada caso, a través de convocatorias de subvencións
− conveniar, con outras administracións, “medidas brandas” que permitan acometer as melloras: co Instituto de Diversificación Enerxética para introducir sistemas de aforro enerxético, coa administración local etc.
− establecer cotas mínimas e establecer acordos laborais que permitan dignificar a situación dos profesionais
4. pola súa banda, espérase que os EqEA adquiran tamén certos compromisos, como iniciar os procesos de mellora, colaborar nos programas estratéxicos das institucións sempre que os obxectivos sexan coherentes cos da EA, ser axentes activos en caso de desastres ambientais facilitando instalacións e recursos, e cooperando nas accións directas, e, como remate, informar sobre os logros e os problemas durante o proceso.
Tardouse casi un ano en recibir resposta da Consellería de Médio Ambiente e Desenvolvemento Sostible sobre a proposta. Neste tempo , celebrouse o I Encontro de equipamentos galegos de educación ambiental (22 ao 24 marzo 2007), organizado póla SGEA, e no que se fomalizou a creación da Rede galega de equipamentos para a educación ambiental. Valorouse imprescindible que a Xunta de Galicia participase no proceso de legalización e recoñecemento da Rede. A resposta da Administración foi que, ou ben era un proceso externo ao colectivo no que a Xunta otorgaba os selos de calidade, ou que non podia ser un proceso mixto porque non era legal, propoñendo que se constituíra un Consello Regulador que podidera homologar e normalizar o funcionamento dos EqEA; este organismo sería alleo á Adminstración, máis contaria con o apoio econômico da mesma.
En setembro do 2007, a situación é unha vez máis de desamparo institucional. Os Consellos Reguladores son figuras creadas para normalizar e identificar productos alimentícios, e non servizos educativos, pólo que a proposta non é viable. Neste momento estase a traballar na constitución dunha “marca de calidade” como forma de regular o sector, máis no que, de novo, o papel da Xunta de Galicia é vinculante.
Sorprende que, co número de iniciativas existentes, e tendo reguladas as competências da Consellería de Médio Ambiente, a administración galega ainda non tema definida unha política ou estratexia de acción para os equipamentos galgos de educación ambiental, que lle dea amparo legal, permita o control e homologación das instalacións, favoreza a profesionalización do sector e, fundamentalmente, aproveite a súa existência para desenvolver un programa eficaz de educación ambiental na sociedade galega.
__________________________
(1) Instituto Nacional de Estatística (2005)